martes, 14 de febrero de 2012

Santo Grial galego?

Resulta que na Idade Media hubo unha historia que percorreu todo o reino, que dicía que o Santo Grial (cáliz do que bebeu Xesucristo na última cea) atopábase en Galiza! Explícovos un pouco...debemos situarnos no primero pobo de Galiza do Camiño de Santiago chamado O Cebreiro. Bueno pois resulta que un día houbo unha nevada tremenda, e o monxe (ao parecer home de pouca fé) que oficiaba a misa non se esperaba que ese día subise naide,pero de repente apareceu un campesiño e murmurou: "¡Pobre home, vir con este tempo dende tan lonxe, e expoñéndose a morrer no camiño, só para prostrarse ante un pouco e pan e viño..." , o cura ficou abraiado ao ver que a hostia convertiase en carne e o viño en sangue. Contase que despois diso, desmaiouse e o campesiño correu a atendelo, pero o home xa estaba morto. Xa puxen entre parentese que o home era ó parecer de pouca fé, porque a xente dicía que o 'milagre' aconteceu para darlle unha lección ao monxe.
Tan coñecida foi a historia, que en 1846 os Reis Católicos peregrinaron e doaron o relicario no que de hoxe en día amósase o cáliz:






E aquí vos deixo, con outra posible, e recalco posible historiera....jajaja si, Manolo, vai por ti, que ainda que perda o bus e non chegue pra ir á clase ben me contaron que falaches (e non moi ben) da miña entrada do xogo da oca jajaja.
Ata mañá xentiña!Espero que tiverades un bo Día de San Valentín.

jueves, 9 de febrero de 2012

O xogo da oca

Sabiades que os derradeiros estudos dan como orixe o xogo da oca no camiño de Santiago? Explícome, cada casilla viría a representar o camiño de peregrinación ate a catedral. As pontes representarían algunhas das pontes clave que atopamos na ruta xacobea, cada oca signifiaría un punto importante para seguir coa evolución personal, e cando tocamos a casilla da morte hay dúas opcións: uns pensan que é para os que non superon valorar o 'cambio de vida' que supón espiritualmente o camiño e para outros representa a 'morte' da vida que coñecemos para comezar unha nova etapa de espiritualidad, que remataría la derradeira casilla, situada na Finis Terrae.
Canto menos curioso, verdade? Tanto como que nos seus comezos o famoso botafumeiro usabase para camuflar o fedor que surxía polas costumes pouco saludables dos peregrinos.

Aquí vos deixo un video sobre o camiño no que se aprecia, entre outras cousas, a iniciación que supón o Camiño e como nas tabernas xogabanse a diferentes xogos de mesa(porque non ía ser un deles a oca?) :

lunes, 9 de enero de 2012

Desta vez...tocan os suevos!

No ano  411 instaláronse no noso territorio os suevos, un dos pobos xermánicos que, procedendo de Oriente, aproveitan a debilidade de Roma para penetrar no Imperio e situáranse nunha zona que seguramente poucos lles iban disputar.
O seu escaso número, compensado pola agresividade das súas forzas militares, explica que preferisen establecerse na daquela Gallaecia mediante pactor para evitar a tensión que sempre suscitan os colonizadores. Unha primeira conversión ao catolicismo por Requiario no ano 448 e a definitva Teodoro no 559 eliminou unha das fontes permanentes de conflictos na sociedade. É este rei quen trae a San Martiño para reevanxelizar Galicia, que sempre os neoconversos queren acentuar a veracidade da súa conversión impoñéndoa  aos demais.
Non debía estar moi claro quen debía dirimir os conflictos intraeclesiais, o que demostra que o papado tardou e imponerse como centro da unidade da fe, porque Prisciliano, bispo de Ávila, cunha serie de discípulos reenvanxelizou Galicia dende a súa doutrina teolóxica e social.
Estabamos aínda na dominación romana, cun bispado pro romano como era o de Hidaico, o que parece indicar que ao Imperio lle debeu preocupar aquel misioneiro que arrastraba a xente e que tiña con el ducias de bispos, seguramente non tan pro romanos coma outros. O resultado foi que Prisciliano foi xuzgado e executado en Alemana no ano 385.
No ano 585 os suevos, e por conseguinte Galicia, sometéronse aos visigodos , cuxos reis eran fieis apoios da igrexa instalada en toda a Península.