lunes, 9 de enero de 2012

Desta vez...tocan os suevos!

No ano  411 instaláronse no noso territorio os suevos, un dos pobos xermánicos que, procedendo de Oriente, aproveitan a debilidade de Roma para penetrar no Imperio e situáranse nunha zona que seguramente poucos lles iban disputar.
O seu escaso número, compensado pola agresividade das súas forzas militares, explica que preferisen establecerse na daquela Gallaecia mediante pactor para evitar a tensión que sempre suscitan os colonizadores. Unha primeira conversión ao catolicismo por Requiario no ano 448 e a definitva Teodoro no 559 eliminou unha das fontes permanentes de conflictos na sociedade. É este rei quen trae a San Martiño para reevanxelizar Galicia, que sempre os neoconversos queren acentuar a veracidade da súa conversión impoñéndoa  aos demais.
Non debía estar moi claro quen debía dirimir os conflictos intraeclesiais, o que demostra que o papado tardou e imponerse como centro da unidade da fe, porque Prisciliano, bispo de Ávila, cunha serie de discípulos reenvanxelizou Galicia dende a súa doutrina teolóxica e social.
Estabamos aínda na dominación romana, cun bispado pro romano como era o de Hidaico, o que parece indicar que ao Imperio lle debeu preocupar aquel misioneiro que arrastraba a xente e que tiña con el ducias de bispos, seguramente non tan pro romanos coma outros. O resultado foi que Prisciliano foi xuzgado e executado en Alemana no ano 385.
No ano 585 os suevos, e por conseguinte Galicia, sometéronse aos visigodos , cuxos reis eran fieis apoios da igrexa instalada en toda a Península.