lunes, 21 de mayo de 2012

O galego no franquismo

Expondrei algúns puntos dos máis importantes que fixeron que o galego quedara relegada a unha posición de lingua ``desprestixiada´´.
A Ley General de Educación de 1970 xeneraliza o ensino púbico en castelán en todo o estado e polo tanto o galego quedará ó marxe do sistema educativo, co que fai aumentar a idea de desprestixio da lingua, quedando relegada aos usos orales entre a poboación campesiña. Por outra banda a televisión e a radio só espallan o uso do castelán, con unha excepción en 1974 cando aparece o programa Panorama de Galicia que se emite diariamente e aborda os temais actuais de Galiza e en galego.
Como xa puxera na outra entrada, a emigración foi un tema que nos tocou moi de cerca ós galegos, moitos deles abandonan a lingua propia obrigados a que, fora da terra, vense coa necesidade de utilizar o castelán para poder saír adiante e así aumenta o seu prestixio de 'lingua útil'.
Por último a Igrexa tamén tivo un papel moi importante neste proceso de decadencia da nosa lingua xa que no Concilio Vaticano de 1963 acéptase que a misa sexa pronunciada na lingua propia de cada pobo, pero os cleros galegos elixirán na súa maior parte o castelán polo que o galego tampouco contará con con apoio neste uso.

Galiza a partir da Guerra Civil

Continuando un pouco coa anterior entrada imos a falar un pouco de Galiza despois da Guerra Civil.
A penuria económica e carencia de productos básicos será todavía máis dramática debido á falta de liebrdade imposta polo réxime totalitario de Franco. En Galiza a sublevación franquista triunfou rápidamente (o que non indica que a poboación asimilase a súa ideoloxía); o que pasou en realidade é que o pobo non tivo posibilidade ningunha de organizarsse nin de conseguir armas, deste xeito en apenas dez días foron esmagados os poucos focos de resistencia que existían.
Durante a Guerra Civil e despois dela o bando vencedor exerce terror e represión sobre a poboación e moitos dos intelectuais galegos que loitaban pola individualidade do pobo galego sufrírono nas súas propias carnes: Catelao, por exemplo, debeu partir cara o exilio e outros que quedaron no país como Otero Pedrayo víronse obrigados a abandonar a vida pública e os seus traballos. Polo tanto todo o asociado ás modernas manifestacións da cultura galega foi destruido, o partido galeguista, a revista Nós, diversas editoriais, etc. xa que o réxime atacaba a toda lingua ou cultura que non fose a castelá, o que incrementou o desprezo polo propio.
Na posguerra instaurouse unha política de autoconsumo e a agricultura e a pesca foron o medio de subsistencia do pobo galego. A emigración continuou sendo unha saída digna para moitas familias, que apartir dos anos 60 orientarán o seu éxodo cara os países europeos.

Deixovos un video moi interesante sobre a época da que estamos a falar:


Movemento agrarista en Galiza

En Galiza, a Lei de Desamortización de 195 non alcanzos os resultados que perseguía, xa que foron moi poucos os campesiños con recursos económicos suficientes que puideron adquirir as terras que traballaban. A maioría das terras pasaron a mas da burguesia comercial. Isto faría que no medio rural continuase o estancamento eonomico e o pouco desenolvemento.
Para intentar solucionar estas desfeitas aeron os movementos agrariosnen que o campesiñado implicouse moito e moi activamente a través de sindicatos e sociedades agrarias; estas sociedades tamén se preocuparon pola formación cultural dos seus afiliados. A entidade máis representativa foi a Liga Agraria de Acción Gallega, dirixida por Basilio Álvarez. Entre 1917 e 1923 dito movemento centrou as súas reivindicacións na abolición dos foros. No período da dictadura de Primo de Rivera proliferaron os sindicatos de inspiración católica que cooperaron  organizaar vendas de gando e promoveron a formación técnica dos campesiños.
Lamentablemente co estalido da Guerra Civil o asociacionismo agrario desapareceu totalmente.

jueves, 17 de mayo de 2012

Rexurdimento do galego II

Seguro que a naide se lle pasa o día que é hoxe. Tal día como hoxe, pero de 1863, publicouse en Vigo a obra de Rosalía de Castro Cantares Gallegos, que niciaría o oñecido como Rexurdimento da lingua galega; cen anos despois, en 1963 constitúese a celebración deste día como homenaxe ás persoas que loitaron por defender a nosa lingua, por facela unha lingua de culto e deixar atrás a vella idea de relacionar o uso do galego en ámbitos con pouca relevancia social. Cada ano adicaselle a unha persoa diferente elexida pola Academia Real Galega e a primeria que tivo dito honor foi Rosalía de Castro, polo que facer fincapé na súa vida e obra que marcou o inicio de unha época de cambio: Cantares Gallegos.
Naceu en 1837 en Santiago e foi anotada na partida de nacemento como filla de pais descoñecidos, xa que a súa nai era solteira e o seu pai un sacerdote. Despois de vivir coas súas tias paternas, ós 13 anos comeza a vivir coa súa nai en Compostela, onde participaría en actividades do Liceo de la Juventud e faría amistad con outros autores importantes coma Pondal.
Trasládase a vivir a Madrid onde publica o seu primero libro en castelán, 'La flor' en 1857; ao ano seguinte casa con Manuel Murguía con quen tería sete fillos.
En 1861 publica o seu primeiro poema en galego, 'Adiós ríos, adiós fontes' e dous anos máis tarde, no 63 aparece en Vigo Cantares Gallegos, obra tan timportante que será a data na que comece o Rexurdimento.
Cantares reivindica a lingua e cultura galega na voz dunha moza que se queixa da marxinación que sofre a súa terra, así como sae en defensa dos dereitos da muller, inxustamente tratada nese tempo.
O  obxetivo principal deste libro era demostrar que o galego era perfectamente válido como lingua literaria e, sen duda, conseguiuno con creces, sendo capaz de unificar nesta obra tanto a beleza como a pobreza e miseria da Galiza desa época.
Rosalía parece que nunca disfrutou dunha boa saúde, pola que un cáncer levouna tan só ós 48 anos, falecendo en Padrón.




Rosalía parece que nunca disfrutou dunha boa saúde, pola que un cáncer levouna tan só ós 48 anos, falecendo en Padrón.

Aquí vos deixo unha versión musicalizada do quizais máis famoso poema de Rosalía, por non dicir o máis xunto con Negra Sombra, que está incluído en Cantares Gallegos e canta Amancio Prada, disfrutadeo, non ten desperdicio:

Rexurdimento do galego

Hoxe ímos lembrar os orixes do movemento galeguista así como os intelectuais que fixeron que isto fose posible. 
O galeguismo como movemento político en defensa dos sinais de identidade de Galiza aparece na decada de 1840 co nome de Provincialismo. Aínda que o Rexurdimento comece o seu camiño en castelán hai unha paulatina aparición do galego nos texos literarios e unha específica defensa do idioma. Suelen diferenciarse dos grupos entre os provincialistas:
Por un lado está o grupo de 1846 ao que pertencen autores como Xoan Manuel Pintos ou Francisco Añón.
Sobresae especialmente o outro grupo, o grupo de 1854 que, aproveitando o Bienio Progresista un grupo de intelectuais retoman a labor da defensa da identidade de Galiza. Pode desenvolverse grazas a institucións como o Liceo de la Juventud de Santiago e diversas revistas de signo galeguista, e momento tamén da aparición de diccionarios e gramáticas da lingua. 
Os Xogos Florais (1861, A Coruña) concedían o primeiro premio para unha poesía feita en galego e, resultou entón o Álbum de la Caridad onde se recollían os traballos premiados; estes dous feitos foron esenciais para o rexurdimento da nosa lingua, xa que no libro aparecían autores tan prescindibles para o seu impulso como Pondal e Rosalía de Castro. Iniciase así o Rexurdimento pleno.

jueves, 19 de abril de 2012

Home lobo galego

A historia de Galiza está chea de lendas, pero o que conto hoxe non é precisamente unha delas....
Manuel Blanco Romasanta protagoniza unha das historias máis negras que gardamos na nosa terra.Naceu
en Esgos no ano 1809 e, trala morte da súa muller, abandonou o seu oficio de sastre e adicouse
á venta ambulante, recorrendo as vilas, bosques e camiños de Galiza, ata coñecer a fondo todolos
recunchos e camiños.Visitaba frecuentemente as aldeas, polo que se fixo coa confianza dos lugarenses
con certa facilidade. Un día convenceu a unha veciña dunha destas vilas para que fora coa súa filla
a Santander, que alí atoparía unha vida mellor; a muller, desexosa dun bo futuro, parteu camiño a
Santander con Romasanta e a súa filla, nada máis volveuse a saber da vida desas mulleres.
Cando volveu á aldea comentou polo lugar que a veciña que fora con el atopara traballo, o que
animou a outras mulleres a seguir o seu mesmo camimño...e a rematar da mesma forma.
Pronto comezaron os rumores do destino das mulleres e Romasanta intuiu que xa non era moi
ben visto e os seus contos comezaron a circular por toda Galiza. Chegou ata Castela con documentación falsa
e en Toledo foi recoñecido e posteriormente denunciado por labregos da zona, rápidamente foi
detido. No momento do seu interrogatorio Romasanta recoñeceu ata 13 crímenes, os cales cometia
porque ao caer a noite, o seu corpo tornaba en forma de lobo e obligáballe a cometer ditos
asasinatos; según el isto lle ocorría debido a unha maldición que lle botaran cando era adolescente.
Tan famosa foi a historia deste home lobo que a mesmísima raíña Isabel II condeceulle un indulto
polo que lle cambiaba a pena de morte pola cadea perpetua.
Nada máis se soubo deste home que pareceu desaparecer entre os muros da prisión, xa que non hai
rexistro que sinale un falecemento ou algún traslado de cárere, pero a lenda conta que convertido
en lobo logrou saír de alí, e que todavía hoxe anda vagando polas oscuras noites galegas.
O vídeo seguinte explica mellor esta curiosa historia
Tamén esta moi interesante o reportaxe do programa Cuarto Milenio, moito máis extenso e que conta con opinións de estudosos do tema (onsta de 3 partes, só poño a primeira e se vos gusta accededes a Youtube e alí apareceránvos as dúas seguintes entregas):

No ano 2004 saeu unha película adicada a esta peculiar historia, dirixida por Paco Plaza que non recibiu moi boas críticas en canto á historia e forma de contala pero, en cambio, foi moi eloxiada polo coidado que se lle deu a súa realización e ambientación, vestiario, fotografñia e demáis aspectos técnicos. Deixovos a foto dunha das esceas màis recordadas da película, cando o personaxe de Elsa Pataky está tendo màis que palabras con Romasanta:
Un saúdo xente!

martes, 20 de marzo de 2012

O marqués máis innovador

O marqués de Sargadelos naceu en Asturias en 1749 no seo dunha familia fidalga de escasos recursos, o seu pai era escribano polo que dedúceseque recibiu a educación inicial na súa casa. Posteriormente estudou no Mosteiro de Villanueva de Oscos, xa que a pouca capacidadde económica da súa familia impediulle ir á Universidade. Pouco tempo despois trasladouse a Ribadeo onde foi administrador dunha familia asturiana, o que lle valeu para iniciarse no mundo das empresas; nesa época non deberíamos descartar que Ibáñez, o marqués, sacase unha cantidade incial para os seus negocios aproveitandose do seu traballo,era algo que pasaba moi comunmente e diversas fontes atribuen o comezo a un posible ‘desvío de fondos’.
Co seu primeiro negocio adicouse ao comercio marítimo e a partir de 1780 consegue unha licencia para comerciar coas Indias, o que fai medrar aínda máis o seu negocio. Oito anos más tarde fundou a súa principal fábrica, a de ferros e aceiros de Sargadelos, que contaba cos mellores traballadores traidos de diversas partes de España e incluso de Europa. Foi un dos primeiros altos fornos que houbo en España , xa que innovou poñendo a tecnoloxía e maquinaria máis moderna case de Europa; outra das innovacións era que non só fabricaba materiais para as institucións do estado, se non que facía utensilios da vida cotiá. Tivo tanto éxito esta idea que o goberno tratou de mercarlla, Ibáñez rechazouna, pero coiseguiu un contrato para a fabricación de utillaxe de artillería.
Tras este triunfo, o marqués pensou en facer tres fabricas máis en Sargadelos para formar unha cadea de industrias modernas, unha de cerámica, outra de vidro e unha última de téxtil. A única que puido poñer en marcha foi a de cerámica, que revolucionaba toda idea de artesanía que se iña ata agora con novos métodos e introduccións na cadea de fabricación. Tanto foi a revolución das ideas industriais de Ibáñez que posteriormente serian usadas en industrias como as inglesas ou as alemanas.
Retrato atribuído a Goya.


Dado o grao de innovación e novas formas de vida que daba á poboación os altos cargos da igrexa e da nobreza, que querían ter controlado ó pobo, instigaron a este mismo en contra do marqués acusadoo de afrancesado. Morreu o 2 de febreiro de 1809 seguramente nunha revolta causada pola chegada dos franceses que o clero aproveitou para seguir cos seus poderes e modo de vida tradicional.
Aquí vos deixo un vídeo onde, coma sempre digo, amplíase moito máis a información: