Naceu en 1837 en Santiago e foi anotada na partida de nacemento como filla de pais descoñecidos, xa que a súa nai era solteira e o seu pai un sacerdote. Despois de vivir coas súas tias paternas, ós 13 anos comeza a vivir coa súa nai en Compostela, onde participaría en actividades do Liceo de la Juventud e faría amistad con outros autores importantes coma Pondal.
Trasládase a vivir a Madrid onde publica o seu primero libro en castelán, 'La flor' en 1857; ao ano seguinte casa con Manuel Murguía con quen tería sete fillos.
En 1861 publica o seu primeiro poema en galego, 'Adiós ríos, adiós fontes' e dous anos máis tarde, no 63 aparece en Vigo Cantares Gallegos, obra tan timportante que será a data na que comece o Rexurdimento.
Cantares reivindica a lingua e cultura galega na voz dunha moza que se queixa da marxinación que sofre a súa terra, así como sae en defensa dos dereitos da muller, inxustamente tratada nese tempo.
O obxetivo principal deste libro era demostrar que o galego era perfectamente válido como lingua literaria e, sen duda, conseguiuno con creces, sendo capaz de unificar nesta obra tanto a beleza como a pobreza e miseria da Galiza desa época.
Rosalía parece que nunca disfrutou dunha boa saúde, pola que un cáncer levouna tan só ós 48 anos, falecendo en Padrón.

Rosalía parece que nunca disfrutou dunha boa saúde, pola que un cáncer levouna tan só ós 48 anos, falecendo en Padrón.
Aquí vos deixo unha versión musicalizada do quizais máis famoso poema de Rosalía, por non dicir o máis xunto con Negra Sombra, que está incluído en Cantares Gallegos e canta Amancio Prada, disfrutadeo, non ten desperdicio:
No hay comentarios:
Publicar un comentario