lunes, 21 de mayo de 2012

Galiza a partir da Guerra Civil

Continuando un pouco coa anterior entrada imos a falar un pouco de Galiza despois da Guerra Civil.
A penuria económica e carencia de productos básicos será todavía máis dramática debido á falta de liebrdade imposta polo réxime totalitario de Franco. En Galiza a sublevación franquista triunfou rápidamente (o que non indica que a poboación asimilase a súa ideoloxía); o que pasou en realidade é que o pobo non tivo posibilidade ningunha de organizarsse nin de conseguir armas, deste xeito en apenas dez días foron esmagados os poucos focos de resistencia que existían.
Durante a Guerra Civil e despois dela o bando vencedor exerce terror e represión sobre a poboación e moitos dos intelectuais galegos que loitaban pola individualidade do pobo galego sufrírono nas súas propias carnes: Catelao, por exemplo, debeu partir cara o exilio e outros que quedaron no país como Otero Pedrayo víronse obrigados a abandonar a vida pública e os seus traballos. Polo tanto todo o asociado ás modernas manifestacións da cultura galega foi destruido, o partido galeguista, a revista Nós, diversas editoriais, etc. xa que o réxime atacaba a toda lingua ou cultura que non fose a castelá, o que incrementou o desprezo polo propio.
Na posguerra instaurouse unha política de autoconsumo e a agricultura e a pesca foron o medio de subsistencia do pobo galego. A emigración continuou sendo unha saída digna para moitas familias, que apartir dos anos 60 orientarán o seu éxodo cara os países europeos.

Deixovos un video moi interesante sobre a época da que estamos a falar:


No hay comentarios:

Publicar un comentario