martes, 29 de noviembre de 2011

Costumes sexuais

A civilización da antiga Roma ten aspectos que me sorprenderon moito,ver como influíron ata os nosos días as súas costumes, perduran as súas festas, a comida, a vida cotiá....Todo o que nos poidamos imaxinar, seguramente, xa viña da época romana. Asique aquí vos deixo unhas cantas curiosidades sobre a educación sexual da época.

Era normal e non estaba mal visto que a partir dos dezaseis anos os homes frecuentaran os burdeles, e non pasaba nada se os nenos tiñan algunha aventura sexual con homes máis mayores. Pronto os nenos eran chamados ó exército e despois ao matrimonio, pero despois de casados seguían mantendo esas visitas frecuentes ás prostitutas. Elas consideraban que non so debían entreter ao cliente co seu corpo, se non con conversación, música, danzas....Unha das prácticas máis repugnantes por aquel entoneces era o tema do sexo oral, agora algo que é tan imprescindible para nós no tema sexual a eles parecíalles repugnane, xa que pensaban que era desgradante p ara o home.
Coas nenas erase máis severo mentres estaban solteiras, pero polo xeral casábanse antes dos 20 anos e, unha vez casadas, o matrimonio as liberaba case tanto como aos homes. Dicía Séneca que consideraba afortunado ó home que a súa muller tivera tan só dous amantes.
Os lupanares, xeralmente, eran identificados na calle con un gran pene iluminado pola noite, decorados con murales alusivos ao sexo e nas portas das habitacións era habitual atopar unha lista de prezos e servizos. Existen referencias de algúns prostíbulos que eran frecuentados polas mulleres de clases sociais altasque acudían ara manter relacións sexualis con mozos moito mas xóvenes ca elas.


jueves, 24 de noviembre de 2011

Envidiable vida romana


Os banquetes dos emperadores romanos solían comezar ás catro da tarde e duraban ata ben entrada á noite e ás veces, ata o día seguinte. O mellor, sen dúbida, e que a maioría dos banquetes remataban en orxías e, como curiosidade, os esclavos do emperador nun certo momento repartían substancias que provocaban o vómito e así podían comezar outra vez; outra curiosidade que se contrapón bastante ás nosas costumes é o ben visto que estaba o eructo mediante pratos.

O enterro do avó

Despois de todo o que fixera por nos, non podía permitir que o corpo do avó xacera cuberto de pedras sen mais; el merecía un fogar no que o seu espírito quedase gardado para sempre. Polo momento só llo dixera a meu pai, que o vía como unha loucura, pero apoioume. Era consciente do tempo que levaría atopar as pedras adecuadas.
Facía un bo día, o que nos facilitaría a caminata polo monte.- Fillo, deixao, isto non ten sentido.
Subín a unha pequena elevación para ver máis aló e cando agochei a mirada, dinme conta de que estaba sobre unha pedra non demasiado rugosa.
- Pai,ven aquí!- berrei mentres baixaba dun salto para analizala coidadosamente.
-¿Estás pensando en mover iso?
- Podemos chamar ós demais...
- Todos teñen cousas que facer, se nos pasamos o día cargando pedras,¿quén coidará do gando e recollerá a colleita?
- Non é só o avó quen  está a piques de morrer, e tampouco eu son o único que quere darlle unha mellor despedida aos nosos amigos e familiares.
- Hoxe,cando estemos ao redor do lume, podes propoñelo aos demais.
-¿Ves?Ao final gústache a idea.
Tentei de mover un pouco a pedra, pero estaba cuberta de terra polo que me rendín e esperei á noite para que o resto da aldea escoitara a miña idea.


-¿Estás tolo?
-¿E quen coidará do poboado?
-¿Que me dis dos nenos?
- Silencio.Tampouco é tan complicado, as mulleres recollerán a colleita e os homes podemos facer turnos para coidar o gando.
Os murmurios seguiron toda a noite, non lograra convencer a ninguén....a ninguen agás a Aloriltum, que tiña ao seu pai ás portas da morte.  Non me sorprendeu cando se me achegou a falarme.
- Non lles fagas caso, é unha idea magnifica e quero que me contes máis. Pero por qué facer un fogar da morte para cada persoa?;  é demasiado custoso, qué tal se facemos un enterramento común?
Sopesei a idea, a verdade é que niso non pensara pero parecía moi  lóxico.
- Está ben, mañá ó amencer vémonos aquí.
Mentres os demais seguían celebrando o fin do verán, entrei na casa pensando en cómo levantar esas pedras.


Cando cheguei aínda estaban os restos da festa da noite, as cinzas do lume prendidas e ao seu redor unhas dez persoas, xusto as que necesitaba, contando cos meus familiares mais os de Aloriltum. Leveinos ata onde atopara o outro día as pedras precisas, desta vez con algúns machetes e paus. Lóxicamente, o monumento  faríase nunha terra pouco fértil.
Apartamos a terra e os ramallos que cubrían a pedra e vímola na súa totalidade; nese intre, unha imaxe veu claramente á miña cabeza: tres pedras chantadas no chan e unha horizontal facendo de teito, pero...non tiña iso demasiado risco de derrubamento? A idea de botar terra por enrriba veume casi tan rápida como o esquema da tumba.

Ao mesmo tempo que o avó empeoraba, a xente do poboado mírabanos cada día con máis lástima, cada vez que chegábamos do monte cunha nova peza para apilar cerca do terreo que xa nivelaramos.Mentres uns levabamos as pedras como podíamos, outros acondicionaban o terreo para poñelas canto antes. Arredor de dez días tardamos en construir toda a estructura do fogar do mais alá, mais outros quince para botar a terra por riba e colocar pedras máis pequenas a modo de entrada. Nunha acción individual plantei ao redor de esas pedriñas as árbores que máis me gustaban de todas as que rodeaban o poboado.
- Rematamos, rapaces- dixen mentres me desplomaba do cansanzo.
Os nenos e mulleres da aldea acompañáronme deseguida, mentres mirabamos orgullosos a nosa fazaña.
- Estou segura de que se o meu pai e o teu avó pudieran levantarse e velo estarían máis que orgullosos.-díxome Aloriltum pasandome unha man polos ombreiros.
Só puiden sorrir.

Nos mesmos días que rematamos o fogar do maís alá, o avó exhalou o seu derradeiro alento. Todo o poboado estivo presente no seu enterro, e de pronto, as miradas de lástima mudaron e só eran de condolencia, porque sei que todos os que miraban o sitio onde ía descansar o meu avó, o facían con admiración. Collimos o corpo e, coas suas xoias máis preciadas metín o colgante que algún día me regalou de neno, cando me dixo que levaba desde que eu nacera traballando nel e que nunca podería pagarlle toda a felicidade que supoñera a miña chegada.
- Fixen todo o que puiden,avó.
Foi o último que lle dixen antes de darlle a despedida para sempre, sei que eu tampouco podería pagarlle nunca o que el fixo por min.
Pouco tempo despois morreu o pai de Aloriltum,e como bós amigos,compartiron as súas cousas ata o final dos tempos.

Comezou daquela unha nova etapa para a nosa xente, que imitou deseguida a nosa idea e..  co tempo... decenas de tumbas agromaron arredor da do meu avó...era como un poboado, pero dos mortos. Cercamos o terreo cun pequeno muro e alí fixemos dende entón moitas das celebracións da aldea: vivos e mortos mesturados no devalar do tempo.

martes, 8 de noviembre de 2011

¿Relixión?

Algunhas informaciones din que a relixión nos dos castrexos era politeísta,outros que eran ateos
e outros que veneraban ós fenómenos naturais(mar,vento...) sobretodo dos elementos que formaban parte dos propios castros.
Asique ahí vai unha pregunta do estilo da nosa entrada anterior(síntoo,non poido evitar sentir admiración a gran parte das costumes deste colectivo,polo que ao mesmo tempo levame a criticar sen parar a nosa forma de vida).¿Hai algo mellor acaso que a inquebrantable armonía coa natureza? É boa idea venerar os elementos con máis grandeza que temos ó noso arredor...Moitas veces pregúntome como é que non somos capaces de recoñecer tales tesouros que nos rodean,e o máis importante...porque non o sabemos coidar.







PD:Peace,love and empahty

viernes, 4 de noviembre de 2011

Vida castrexa

A subsistencia (dado o meu punto de vista non pode chamarse economía) da comunidade castrexa galega baseabase na agricultura e na gandería.Cultivaban cereais,millo,cebada...aínda que,xa escasamente, tamén seguían a cazar,polo que tiñan todo o básico para sobrevivir moito máis dignamente do que seguramente imaxinaramos.Tampouco menosprezaban o arte da decoración,tanto no persoal (torques ou brazaletes) como o do propio castro,que ao contrario do que se adoita pensar,estaban todos pintados de cores e motivos célticos.

 
Sabendo o dominio que tiñan sobre os alimentos en xeral,a facilidade de autoabastecemento e que,a lo menos mínimamente,xa utilizaban un sistema de cambio monetarista,non nos da pé a pensar que o que cremos tan antigo é o que de verdade buscamos agora continuamente?Todo o comentado tíñano nunha parcela ao lado da casa,sen fumes,nin estrés,nin deberes impostos por unha sociedade capitalista onde todo se rixe pola apariencia.Moita xente a pega que pon é a esperanza de vida,xa que certo é que dificilmente pasaban os 40 anos pero....non valen máis 40 anos de liberdades e felicidades vivindo coa túa familia que 80 dedicados a cousas que realmente non nos apasionan?Eu,sen dúbida,non pensaría a clase de sociedade que prefiro,por eso dixen ao comezo da entrada que non podo chamalo economía,porque ese é un termo que inventamos co tempo....o tempo que tardamos en xerarquizar ás persoas.
Bo fin de semana.