viernes, 4 de noviembre de 2011

Vida castrexa

A subsistencia (dado o meu punto de vista non pode chamarse economía) da comunidade castrexa galega baseabase na agricultura e na gandería.Cultivaban cereais,millo,cebada...aínda que,xa escasamente, tamén seguían a cazar,polo que tiñan todo o básico para sobrevivir moito máis dignamente do que seguramente imaxinaramos.Tampouco menosprezaban o arte da decoración,tanto no persoal (torques ou brazaletes) como o do propio castro,que ao contrario do que se adoita pensar,estaban todos pintados de cores e motivos célticos.

 
Sabendo o dominio que tiñan sobre os alimentos en xeral,a facilidade de autoabastecemento e que,a lo menos mínimamente,xa utilizaban un sistema de cambio monetarista,non nos da pé a pensar que o que cremos tan antigo é o que de verdade buscamos agora continuamente?Todo o comentado tíñano nunha parcela ao lado da casa,sen fumes,nin estrés,nin deberes impostos por unha sociedade capitalista onde todo se rixe pola apariencia.Moita xente a pega que pon é a esperanza de vida,xa que certo é que dificilmente pasaban os 40 anos pero....non valen máis 40 anos de liberdades e felicidades vivindo coa túa familia que 80 dedicados a cousas que realmente non nos apasionan?Eu,sen dúbida,non pensaría a clase de sociedade que prefiro,por eso dixen ao comezo da entrada que non podo chamalo economía,porque ese é un termo que inventamos co tempo....o tempo que tardamos en xerarquizar ás persoas.
Bo fin de semana.

No hay comentarios:

Publicar un comentario