Despois de todo o que fixera por nos, non podía permitir que o corpo do  avó xacera cuberto de pedras sen mais; el merecía un fogar no que o seu  espírito quedase gardado para sempre. Polo momento só llo dixera a meu  pai, que o vía como unha loucura, pero apoioume. Era consciente do tempo  que levaría atopar as pedras adecuadas.
Facía un bo día, o que nos facilitaría a caminata polo monte.- Fillo, deixao, isto non ten sentido.
Subín a unha pequena elevación para ver máis aló e cando agochei a  mirada, dinme conta de que estaba sobre unha pedra non demasiado rugosa.
- Pai,ven aquí!- berrei mentres baixaba dun salto para analizala coidadosamente. 
-¿Estás pensando en mover iso?
- Podemos chamar ós demais...
- Todos teñen cousas que facer, se nos pasamos o día cargando pedras,¿quén coidará do gando e recollerá a colleita?
- Non é só o avó quen  está a piques de morrer, e tampouco eu son o  único que quere darlle unha mellor despedida aos nosos amigos e  familiares.
- Hoxe,cando estemos ao redor do lume, podes propoñelo aos demais.
-¿Ves?Ao final gústache a idea.
Tentei de mover un pouco a pedra, pero estaba cuberta de terra polo que  me rendín e esperei á noite para que o resto da aldea escoitara a miña  idea.
-¿Estás tolo?
-¿E quen coidará do poboado?
-¿Que me dis dos nenos?
- Silencio.Tampouco é tan complicado, as mulleres recollerán a colleita e os homes podemos facer turnos para coidar o gando.
Os murmurios seguiron toda a noite, non lograra convencer a ninguén....a  ninguen agás a Aloriltum, que tiña ao seu pai ás portas da morte.  Non  me sorprendeu cando se me achegou a falarme.
- Non lles fagas caso, é unha idea magnifica e quero que me contes máis.  Pero por qué facer un fogar da morte para cada persoa?;  é demasiado  custoso, qué tal se facemos un enterramento común?
Sopesei a idea, a verdade é que niso non pensara pero parecía moi  lóxico.
- Está ben, mañá ó amencer vémonos aquí.
Mentres os demais seguían celebrando o fin do verán, entrei na casa pensando en cómo levantar esas pedras.
Cando cheguei aínda estaban os restos da festa da noite, as cinzas do  lume prendidas e ao seu redor unhas dez persoas, xusto as que  necesitaba, contando cos meus familiares mais os de Aloriltum. Leveinos  ata onde atopara o outro día as pedras precisas, desta vez con algúns  machetes e paus. Lóxicamente, o monumento  faríase nunha terra pouco  fértil.
Apartamos a terra e os ramallos que cubrían a pedra e vímola na súa  totalidade; nese intre, unha imaxe veu claramente á miña cabeza: tres  pedras chantadas no chan e unha horizontal facendo de teito, pero...non  tiña iso demasiado risco de derrubamento? A idea de botar terra por  enrriba veume casi tan rápida como o esquema da tumba.
Ao mesmo tempo que o avó empeoraba, a xente do poboado mírabanos cada  día con máis lástima, cada vez que chegábamos do monte cunha nova peza  para apilar cerca do terreo que xa nivelaramos.Mentres uns levabamos as  pedras como podíamos, outros acondicionaban o terreo para poñelas canto  antes. Arredor de dez días tardamos en construir toda a estructura do  fogar do mais alá, mais outros quince para botar a terra por riba e  colocar pedras máis pequenas a modo de entrada. Nunha acción individual  plantei ao redor de esas pedriñas as árbores que máis me gustaban de  todas as que rodeaban o poboado.
- Rematamos, rapaces- dixen mentres me desplomaba do cansanzo.
Os nenos e mulleres da aldea acompañáronme deseguida, mentres mirabamos orgullosos a nosa fazaña.
- Estou segura de que se o meu pai e o teu avó pudieran levantarse e  velo estarían máis que orgullosos.-díxome Aloriltum pasandome unha man  polos ombreiros.
Só puiden sorrir.
Nos mesmos días que rematamos o fogar do maís alá, o avó exhalou o seu  derradeiro alento. Todo o poboado estivo presente no seu enterro, e de  pronto, as miradas de lástima mudaron e só eran de condolencia, porque  sei que todos os que miraban o sitio onde ía descansar o meu avó, o  facían con admiración. Collimos o corpo e, coas suas xoias máis  preciadas metín o colgante que algún día me regalou de neno, cando me  dixo que levaba desde que eu nacera traballando nel e que nunca podería  pagarlle toda a felicidade que supoñera a miña chegada.
- Fixen todo o que puiden,avó.
Foi o último que lle dixen antes de darlle a despedida para sempre, sei  que eu tampouco podería pagarlle nunca o que el fixo por min.
Pouco tempo despois morreu o pai de Aloriltum,e como bós amigos,compartiron as súas cousas ata o final dos tempos.
Comezou daquela unha nova etapa para a nosa xente, que imitou deseguida a  nosa idea e..  co tempo... decenas de tumbas agromaron arredor da do  meu avó...era como un poboado, pero dos mortos. Cercamos o terreo cun  pequeno muro e alí fixemos dende entón moitas das celebracións da aldea:  vivos e mortos mesturados no devalar do tempo.
 
No hay comentarios:
Publicar un comentario