lunes, 21 de mayo de 2012

O galego no franquismo

Expondrei algúns puntos dos máis importantes que fixeron que o galego quedara relegada a unha posición de lingua ``desprestixiada´´.
A Ley General de Educación de 1970 xeneraliza o ensino púbico en castelán en todo o estado e polo tanto o galego quedará ó marxe do sistema educativo, co que fai aumentar a idea de desprestixio da lingua, quedando relegada aos usos orales entre a poboación campesiña. Por outra banda a televisión e a radio só espallan o uso do castelán, con unha excepción en 1974 cando aparece o programa Panorama de Galicia que se emite diariamente e aborda os temais actuais de Galiza e en galego.
Como xa puxera na outra entrada, a emigración foi un tema que nos tocou moi de cerca ós galegos, moitos deles abandonan a lingua propia obrigados a que, fora da terra, vense coa necesidade de utilizar o castelán para poder saír adiante e así aumenta o seu prestixio de 'lingua útil'.
Por último a Igrexa tamén tivo un papel moi importante neste proceso de decadencia da nosa lingua xa que no Concilio Vaticano de 1963 acéptase que a misa sexa pronunciada na lingua propia de cada pobo, pero os cleros galegos elixirán na súa maior parte o castelán polo que o galego tampouco contará con con apoio neste uso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario