martes, 20 de marzo de 2012

O marqués máis innovador

O marqués de Sargadelos naceu en Asturias en 1749 no seo dunha familia fidalga de escasos recursos, o seu pai era escribano polo que dedúceseque recibiu a educación inicial na súa casa. Posteriormente estudou no Mosteiro de Villanueva de Oscos, xa que a pouca capacidadde económica da súa familia impediulle ir á Universidade. Pouco tempo despois trasladouse a Ribadeo onde foi administrador dunha familia asturiana, o que lle valeu para iniciarse no mundo das empresas; nesa época non deberíamos descartar que Ibáñez, o marqués, sacase unha cantidade incial para os seus negocios aproveitandose do seu traballo,era algo que pasaba moi comunmente e diversas fontes atribuen o comezo a un posible ‘desvío de fondos’.
Co seu primeiro negocio adicouse ao comercio marítimo e a partir de 1780 consegue unha licencia para comerciar coas Indias, o que fai medrar aínda máis o seu negocio. Oito anos más tarde fundou a súa principal fábrica, a de ferros e aceiros de Sargadelos, que contaba cos mellores traballadores traidos de diversas partes de España e incluso de Europa. Foi un dos primeiros altos fornos que houbo en España , xa que innovou poñendo a tecnoloxía e maquinaria máis moderna case de Europa; outra das innovacións era que non só fabricaba materiais para as institucións do estado, se non que facía utensilios da vida cotiá. Tivo tanto éxito esta idea que o goberno tratou de mercarlla, Ibáñez rechazouna, pero coiseguiu un contrato para a fabricación de utillaxe de artillería.
Tras este triunfo, o marqués pensou en facer tres fabricas máis en Sargadelos para formar unha cadea de industrias modernas, unha de cerámica, outra de vidro e unha última de téxtil. A única que puido poñer en marcha foi a de cerámica, que revolucionaba toda idea de artesanía que se iña ata agora con novos métodos e introduccións na cadea de fabricación. Tanto foi a revolución das ideas industriais de Ibáñez que posteriormente serian usadas en industrias como as inglesas ou as alemanas.
Retrato atribuído a Goya.


Dado o grao de innovación e novas formas de vida que daba á poboación os altos cargos da igrexa e da nobreza, que querían ter controlado ó pobo, instigaron a este mismo en contra do marqués acusadoo de afrancesado. Morreu o 2 de febreiro de 1809 seguramente nunha revolta causada pola chegada dos franceses que o clero aproveitou para seguir cos seus poderes e modo de vida tradicional.
Aquí vos deixo un vídeo onde, coma sempre digo, amplíase moito máis a información:


No hay comentarios:

Publicar un comentario