O primeiro sitio no que atracaron foi na Coruña, pensando que sería unha victoria facil. A Coruña dividíase en dúas partes, a Cidade Vella cunha muralla forte e sólida e a parte baixa onde residían a meirande parte dos pescadores. A muralla da parte baixa foi relativamente doada de pasar e comezou unha oleaxe de saqueos e roubos.
Ao comezo, as mulleres tiñan un claro papel, repartir auga e comida aos defensores da muralla da Cidade Vella para que non tiveran distraciones nin tiveran que separarse un momento do su posto,pero días máis tarde elas tamén colleron as armas. O 4 de maio de 1589 as tropas inglesas lograron abrir un burato na forte muralla e lograron subir ata a súa parte máis alta e loitar frente a frente cos defensores.
-¡Xa son nosos!
Vociferou un alférez inglés cunha bandeira na man chegando ao cumio da brecha, parecía o fin para os coruñeses. No medio da batalla había unha muller que cambiaría para sempre a historia da súa cidade, María Pita; ela colleu unha pica do chan e saiu correndo ata o cumio da muralla onde, fora de sí, lle clavaría a pica no estómago ao alférez.
-¡Axudádeme a botalos de aquí!¡Quen teña honra que me siga!- berrou María.
Naquel momento as mulleres correron ata a brecha e produciron unha avalancha que lles meteu o medo no corpo ós ingleses, que se retiraron despois de milleiros de baixas. Estiveron uns días metidos nos seus buques na baía da Coruña,pero retiraronse finalmente con outro novo rumbo: a conquista de Lisboa,onde tamén fracasarían pero iso...xa é outra historia.
Na Coruña podemos visitar o Museo Militar, que ten unha sala co nome de María Pita e co seu retrato enrriba da Mesa de Honor.

A Casa Museo de María Pita, que se atopa levantada sobre un solar no que estaba construída unha vivenda propiedade do primeiro marido de María. Alí ofrécese información sobre a cidade nos séculos XVI e XVII, recreación da tenda e dormitorio principal da asa dos seus pais, análisis das relacións entre España e Inglaterra...

Neste enlace tendes máis información e fotos deste sitio http://www.turgalicia.es/sit/ficha_datos.asp?crec=31718&ctre=1261&cidi=E
Tamén hai varios grabados:


E como non, falar da famosa Praza de María Pita na Coruña, onde está situado o Concello da cidade e unha estatua en honor á heroína coruñesa; nela aparece empuñando a arma ante o corpo sen vida do alférez.


No hay comentarios:
Publicar un comentario