lunes, 19 de marzo de 2012

Ai, que soliña quedache, María Soliña

Unha das moitas lendas e historias que deixou a Inquisición ao seu paso e a de María Soliña, unha muller de Cangas que foi condeada por bruxería no século XVII.
No ano 1617 uns 2000 piratas turcos desembarcaron en Cangas, quedando a vila saqueada e destrozada ao seu paso e deixando uns cantos mortos tirados na praia, entre os que se atopaban o marido e irmán de María.
Tras o ataque dos piratas turcos, a nobreza non estará disposta a perder o seu poderío económico e comezan a apoiar a Santa Inquisición para denunciar ás mulleres que tiñan unha boa posición económica e así facerse cos seus bens; mesturaban esa clase de mulleres con outras máis pobres para non poñer demasiado en evidencia as súas verdadeiras intencións. Foi o caso de María Soliño, que tras enviuvar, herdou todolos bens do seu marido entre os que figuraba o máis importante para a igrexa, o dereito de presentación a varias capillas e feligresías. O dereito de presentación era un poder polo cal o poseedor (habitualmente os sucesores do fundador dunha igrexa) pode ser nomeado titular cando o posto quedara vacante e participar así nos beneficios que a parroquia xenerase.
Tendo María diversos bens e dereitos de presentación chamou rápidamente a atención dos inquisidores. A morte do seu marido e irmán deixouna nunha depresión e cada noite paseaba pola mesma praia onde os mataran recordandos; esas visitas á praia foron excusa suficiente para que a acusaran de bruxería. En 1621 foi levada ás cárceres secretas da Inquisición onde tras torturas físicas e psicolóxicas rematou confesando que levaba facendo bruxería vinte anos e que facía tratos carnales co demo.
María Soliña foi só unha das moitas mulleres que foron condeadas e sufriron inxustamente pola avaricia dos nobres. Non se sabe como morreu, aínda que supoñemos que María dificilmente superaría os abusos que fixeron no seu corpo os inquisidores xa que tiña 70 anos, non hai acta de defunción nin restos do seu corpo.

Neste vídeo ofrecense moitos máis detalles desta historia:
E remato poñendo o poema que deu nome á miña entrada de hoxe e que Celso Emilio Ferreiro fixo inspirado en María con música de Luar na Lubre e tamén a canción do mesmo título de Carlos Núñez, que adica antes unhas palabras reclamando a inxustiza da época e de paso admiramos a maestría coa que toca a gaita este galego:

No hay comentarios:

Publicar un comentario