miércoles, 7 de marzo de 2012

Loitando pola terra

Hoxe vou contar unha historia que a todos nos contan de pequenos pero que,como todo, co tempo vaise esquencendo e eu, como sempre presumín de ser galega e da miña terra, encántame ver coa paixón que outros defendena con unllas e dentes. De quen imos falar? do gran Pardo de Cela.
A historia comeza cando a 'filla' de Enrique VI, Xoana a Beltranexa e Isabel a que posteriormente sería a Católica comezan a puxar pola coroa, xa que moitas faccións da nobreza dudaban do verdadeiro parentesco entre Xoana e o seu pai. Isabel avogaba por anexionar todolos reinos e coroas ao Reino de Castela, en cambio, Xoana non tiña os mesmos plans. Como todos sabemos, ao final gañou Isabel, que comezou unha 'guerra' contra os nobres galegos para facerse co territorio e fixo desaparecer as máis poderosas e prestixiosas familias galegas sustituindoas por nobres casteláns que terían a misión de oprimir ao pobo e erradicar canto máis mellor a cultura e o idioma galego.
Pardo de Cela era fiel á idea da soberanía do Reino de Galiza e levou a súa rebeldía ata o final, tanto así que os Reis Católicos mandaron a Galiza un exército capitaneado por Mudarra, que eliminara toda resistencia ata entonces. A presenza do noso Mariscal non era grata en sitios como Viveiro ou Mondoñedo por petición expresa dos Reis Católicos, polo que se refuxia no Castelo da Frouxeira.
Alí, o Capitan Mudarra e as súas tropas enfrontaráse contra Pardo de Cela durante tres anos ata que tomouse conciencia de que a Frouxeira era inexpugnable e Mudarra recurre aos criados do Mariscal; estes,deixandose levar pola posibilidade de que o Mariscal non gañase e lles tocara pagar igual que a el, abríronlle as murallas do Castelo ó Capitán e así foi collido e apresado para ser levado a Mondoñedo e alí ser executado públicamente.
A lenda conta que Isabel, a súa muller, ao enterarse do acontecido na Frouxeira emprendeu unha viaxe desenfrenada ate Castela para implorar o perdón real. Cando volvía para a cidade co desexado indulto, dise que inimigos de Pardo de Cela entretiverona na coñecida Ponte do Pasatempo ás entradas da cidade, cando a muller entrou na cidade tanto o seu fillo como o seu marido xa habían sido degolados.



Aquí vos deixo unha foto da ponte,recalcando a clasficación da historia coma lenda,porque en caso de que levase tanta prisa porque non se deixou de tonterías e seguiu o seu camiño??E en caso de que fora certo,que facil sería agora cos fax,móbiles e demais!
Bueno,a parte diso,deixo tamén un vídeo no que, se os gustou a historia, gozarédelo xa que aporta moitos mas datos e reconstruccións:

Impresionante, verdade?Defender a túa independencia e a da túa terra enfrontándose a un poder tan grande como o dos Reis Católicos.
Tede unha boa noite todos!

No hay comentarios:

Publicar un comentario