martes, 14 de febrero de 2012

Santo Grial galego?

Resulta que na Idade Media hubo unha historia que percorreu todo o reino, que dicía que o Santo Grial (cáliz do que bebeu Xesucristo na última cea) atopábase en Galiza! Explícovos un pouco...debemos situarnos no primero pobo de Galiza do Camiño de Santiago chamado O Cebreiro. Bueno pois resulta que un día houbo unha nevada tremenda, e o monxe (ao parecer home de pouca fé) que oficiaba a misa non se esperaba que ese día subise naide,pero de repente apareceu un campesiño e murmurou: "¡Pobre home, vir con este tempo dende tan lonxe, e expoñéndose a morrer no camiño, só para prostrarse ante un pouco e pan e viño..." , o cura ficou abraiado ao ver que a hostia convertiase en carne e o viño en sangue. Contase que despois diso, desmaiouse e o campesiño correu a atendelo, pero o home xa estaba morto. Xa puxen entre parentese que o home era ó parecer de pouca fé, porque a xente dicía que o 'milagre' aconteceu para darlle unha lección ao monxe.
Tan coñecida foi a historia, que en 1846 os Reis Católicos peregrinaron e doaron o relicario no que de hoxe en día amósase o cáliz:






E aquí vos deixo, con outra posible, e recalco posible historiera....jajaja si, Manolo, vai por ti, que ainda que perda o bus e non chegue pra ir á clase ben me contaron que falaches (e non moi ben) da miña entrada do xogo da oca jajaja.
Ata mañá xentiña!Espero que tiverades un bo Día de San Valentín.

No hay comentarios:

Publicar un comentario